ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DENOMINADA: “CÍRCULO MÁXICO AURIENSE”
(C.M.A.)
CAPÍTULO I. DA ASOCIACIÓN EN XERAL
DENOMINACIÓN, FINS, ENDEREZO E AMBITO:
Artículo Iº.-
1.- Constitúese en Ourense unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Ley orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.
A asociación ten a seguinte denominación: “ Círculo Máxico Auriense .”
C.M.A. no sucesivo.
2.- A asociación rexerase polos seus estatutos, pola Ley orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demáis lexislación existente en materia de asociacións que se sexa aplicable.
Artigo 2º.-
O domicilio principal da asociación no momento da súa constitución radicará temporalmente na localidade de Barbadás (Ourense), na Avda. Celanova 73-4ºB, 32890, Tfno. 616-572249, e co seguinte correo electrónico: cmauriense@cmauriense.com
Artígo 3º.-
A asociación, en funcións dos seús fíns e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Ourense.
Artígo 4º.-
1.- A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados, expresada en Asamblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto de ordenamento xurídico.
Artigo 5º-
Son fins principias da asociación os seguintes :
a.- Fomentar a afección común, estudio e mellora do arte do Ilusionismo.
b.- Realizar reunións entre os seus membros, coa periodicidade que se determine, co fin de manter o contacto e camaradería máxica entre os mesmos, asi como as actividades que se decidan levar a cabo principalmente no ambito da maxia.
c.- Colaborar con aquelas persoas e entidades afins, como por exemplo a S.E.I. (Sociedad Española de Ilusinismo), ou asociacións similares que fomenten e cultiven o arte do Ilusionismo.
d.- Poderá organizar, si se dera o caso, pola súa conta ou prestar a súa colaboración en galas benéficas, recreativas, culturáis ou incluso profesionáis, nas que figure programación de efectos de Ilusionismo ou exposicións de temas ou asuntos relacionados co mesmo, así como calquer tipo de evento que teña relación cos seus fins. Si houbese algún tipo de beneficio económico ou material este sería ingresado na conta da asociación para todo o grupo de socios para cubrir os gastos de todo tipo que esta poidera ter.
e.- Prestar o séu asesoramento a cantas consultas lle sexan remitidas por persóas ou entidades, referentes a cuestións de carácter xeral relacionadas có Ilusionismo co fin principal de manter ou realzar o seu prestixio.
f.- Facilitar e promover entre os seus asociados, o interés pola creación e mantemento de bibliotecas temáticas , publicacións e ficheiros de datos de todo tipo relacionados co arte do Ilusionismo, que estará a disposición exclusivamente entre os séus socios numerarios .
g.- Velar polo prestixio e enaltecemento do Ilusionismo , combatindo as manifestacións que se presenten contrá él de forma indecorosa ou de revelación de secretos máxicos.
h.- Incentivar e fomentar o uso do idioma galego entre os seus asociados , tanto no ámbito administrativo como social e máxico-artístico.
Artígo 6 º.-
Queda prohibida, dentro dos lugares de reunión dos seus membros, toda discusión que poida xerar enfrentamentos entre os seus membros, e en xeral todo aquello que non teña relación cos fins do C.M.A.
CAPÍTULO II
DOS ASOCIADOS.
Artigo 7º.- Requisitos para ser membro da asociación:
a.- Poderán formar parte do C.M.A. calquer persóa física, con plena capacidade de obrar, ou entidade xurídica, tralo acordo do séu órgano
competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:
Ser maior de idade.
Estar cláramente interesado polo Arte Maxico ou Ilusionismo, xa sexa como profesional, afeccionado ou simpatizante.
Ter a súa residencia en Galicia.
Non haber sido expulsado de ningunha outra asociación con fines similares.
Superar unha sinxela proba escrita tipo test sobre cultura máxica previamente confeccionada pola asociación, así como a realización dunha proba práctica que demostre suficientemente a súa afección á máxia.
Estas probas realizaranse en calquer momento ante, a lo menos, dous membros da Xunta Directiva e demáis socios asistentes en calidade de público, previa solicitude de acceso do interesado, realizándose en calqueira das reunións periódicas dos seus membros.
A Xunta Directiva estará facultada posteriormente a resolve-la admisión ou, si fose o caso, o rechazo xustificado do solicitante, en función do resultado de estas probas.
Si o solicitante fose persóa coñecida polo seu traballo máxico previo á entrada na asociación, e fose presentado e avalado por escrito por a lo menos dous membros da mesma cunha antiguedade mínima de 1 ano, poderá a Xunta Directiva, en función de ese aval, admitilo sin ter que realizar proba algunha.
b.- O número de socios será ilimitado e clasificaranse da seguinte forma:
1-Socios Fundadores: Os que soliciten o séu ingreso e suscriban a acta de constitución da asociación denominada: C.M.A. (Circulo Máxico Auriense).
2-Socios Numerarios: Aqueles cuio acceso o C.M.A. sexa posterior a suscripción da acta da súa constitución e tra-la superación das probas de acceso que se estipulen no Regulamento de Réxime Interno.
3-Socios Simpatizantes: Aqueles para cuio ingreso non se esixan coñecementos ou probas de acceso, a excepción dos solicitantes avalados por dous socios, descritos no artigo 5, punto a.
Estes socios simpatizantes pagarán unha cuota reducida e non terán acceso a obter a revista da “Sociedad Española de Ilusionismo” (S.E.I.)
nin a outras publicacións máxicas ou ficheiros máxicos que estén a disposición dos socios numerarios, e só poderán participar das Asambleas con voz pero sin voto. Poderán participar no resto de actividades lúdicas que se poidan programar.
4-Socios Protectores: Todos aqueles que teñan unha cuota non inferior ó doble da cuota normal de socio numerario.
5-Socios Honorarios: Todos aqueles que, en virtude dun prestixio excepcional como artistas do Arte Máxico, ou polas súas actividades a favor do mesmo, e que sexan acreedoras de tal distinción.
6-Socios de Mérito: Aquelas persoas ou entidades que otorguen donativos ou que realicen actos que representen unha aportación material, un sacrificio moral ou un interés persoal que, pola súa importancia, podan considerarse que facilitan a labor do C.M.A. e que contribuian de forma notable e evidente ó seu sostemento, dignificación e prestixio.
c.- Perderase a condición de socio polos seguintes motivos:
1-Por vontade expresa por escrito de calqueira dos seus membros.
2- Por falta de pagamento da cuota anual antes do 31 de marzo de cada ano, sendo obligatoria a domiciliación bancaria do pagamento.
3-Por incumprimento das súas obrigas ou por calquer acción que perxudique gravemente os intereses da asociación ou a convivencia normal entre os asociados, logo do expediente disciplinario, con audiencia do interesado.
4-Por desacreditar gravemente á asociación públicamente ou atentar contra a ética ou segredos máxicos ante persóas alléas á asociación.
5-Por falecemento da persóa física ou extinción da persóa xurídica.
d.- A expulsión de asociados/as nos supostos dos apartados 2, 3 e 4 do párrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo de audiencia ou comunicación escrita ó interesado (no caso de falta de pagamento da cuota a X.D. daralle un prazo de 15 dias para resolve-lo pagamento). Si houbera acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral Extraordinaria, e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria na localidade de ubicación da Asociación.
Artigo 8º.- Dereitos dos asociados: Os asociados terán os seguintes dereitos:
1.- Participar nas actividades da asociación e nos organos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asamblea Xeral, de acordo cos estatutos.
2.- Ser informado da comisión de órganos de goberno e respresentación da asociación, do séu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3.- Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra él, e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no séu caso, impoñían a sanción.
4.- Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.
Os asociados/as que non sexan numerarios non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación desta, pero están facultados para asistir ás asambleas xeráis con voz pero sen voto.
Artigo 9º.- Son obrigas dos asociados:
1.- Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2.- Paga-las cuotas que se establezcan, tal e como se especifica no artigo 7, apartado c, punto 2.
3.- Desempeña-los cargos para os que foran elexidos.
4.- Acatar e cumpri-los acordos válidamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.
5.- Acata-lo contido dos estatutos.
6.- Ter unha boa conducta individual e cívica.
7.- Comunicar á asociación os cambios de domicilio ou residencia.
8.- Ser suscriptor da revista da asociación (S.E.I.) e colaborar con ela na medida do posible, excepto si se trata de socios simpatizantes.
9.- Coidar a ética e o segredo do arte máxico fora do ámbito da asociación.
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN Artigo 10º.-
A dirección e administración da asociación serán exercidas polo presidente, a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.
Artigo 11º.- 1.- O presidente da asociación será designado pola Asamblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará 2 anos . Será asistido nas súas
funcións por un vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
2.- O presidente terá as seguintes atribucións:
Representa-la asociación perante calquera organismo público ou privado.
Convocar e presidi-las sesións que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asamblea Xeral; dirixi-las deliberacións dunha e outra, e decidir con voz de calidade, no caso de empate.
Executa-los acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.
Ordena-los pagamentos acordados válidamente.
Asina-las actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co segredario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
Artigo 12º.- 1.- A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación, un vicepresidente, un secretario e un tesoureiro. Si fosa necesario poderíanse nomear 2 vocais.
2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuita , sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debídamento xustificados en que poidan incorrer por traballos relacionados coa asociación.
As persoas elexidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.
3.- A Asamblea Xeral será a competente para elexi-los cargos da Xunta Directiva.
A súa duración será por un periodo de 2 anos, ainda que poden ser obxeto de reelección indefinidamente, si fora o caso.
4.- Os cargos cesarán na súa función por:
Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
Renuncia voluntaria.
Transcurso do prazo para o que foron elexidos.
Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por ¾ dos asociados reunidos en Asamblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto. A renuncia e o transcurso do prazo non dará lugar ó cesamento automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.
As vacantes que se pudieran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisionalmente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asamblea Xeral.
En calquer caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de presidente, secretario e tesoureiro. Artigo 13º.-
A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións: 1.- Programar e dirixi-las actividades asociativas.
2. - Leva-la xestión administrativa e económica da asociación.
3. - Someter á aprobación da Asamblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.
4. - Convocar e fixa-la data da Asamblea Xeral.
5. -Propoñerlle á Asamblea Xeral a fixación de cuotas de entrada, as ordinarias e as extraordinarias, si fose o caso, para os asociados.
6. -Designa-las comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bó funcionamento da asociación.
7. - Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asamblea Xeral.
8. - Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.
9. - Propoñe-lo plan de actividades da asociación á Asamblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
10. - Resolve-los procedementos disciplinarios que se instrúan.
11. - Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.
Artigo 14º.-
Reunións de Xunta Directiva: 1.- A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus componentes.
2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos seus membros e, en todos caso, do presidente ou vicepresidente e o segredario ou persoa que o sustitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ó libro de actas.
Artigo 15º.- Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.
Artigo 16º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta. O presidente e o secretario da asemblea serán o presidente e o secretario da Xunta Directiva.
Artigo 17º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 18º.- A Asemblea Xeral Ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de xaneiro ata o de maio. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación poderase facer no lugar habitual de reunión periódica da asociación mediante entrega en mau da convocatoria a cada membro, firmando este un recibí da súa entrega, tanto para as asambleas ordinarias como para as extraordinarias. Si fora necesario tamen se notificaría por correo ordinario ó domicilio dos asociados.
Artigo 19º.-
Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria : Aproba-lo plan de actividades.
Examinar e aproba-las contas e balances do exercicio anterior.
Aproba-los presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
Exame e aprobación das cotas.
Artigo 20º.-
Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria : Modifica-los estatutos da asociación.
Elixir e cesa-los integrantes da Xunta Directiva.
Aproba-la federación con outras asociacións con fines similares.
Autoriza-lo alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
Acorda-la disolución da asociación.
Designa-los/as liquidadores/as.
Ratifica-la expulsión de asociados/as a proposta da Xunta Directiva.
Solicita-la declaración de utilidade pública da asociación.
Aproba-lo regulamento de réxime interno da asociación.
As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agarda-la súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou a Xunta Directiva.
Artigo 21º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de
asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario, ou persoa que o substitúa.
Artigo 22º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados do 1 ó 7 do artigo 20º, que requirirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinarao o/a presidente/a, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes.
Artigo 23º.-
Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes . As sesións abriranse cando así o determine o presidente. Seguidamente procederase por parte do secretario á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente, o secretario procederá a presenta-la orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.
Artigo 24º.- Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.
Artigo 25º.-
Serán competencias do secretario: 1. O secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle, así mesmo, notifica-las convocatorias, custodia-las actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.
2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.
Artigo 26º.-
Serán competencias do tesoureiro: O tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.
2. O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.
Artigo 27º.-
Os vocais, si foran designados, terán as seguintes atribucións: Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
Desempeña-los traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO Artigo 28º.- A asociación no momento de inicia-las súas actividades dispón dun patrimonio de ........ euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 29º.- A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 30º.- A asociación manterase dos seguintes recursos:
A cuota de entrada e as cuotas periódicas anuais dos/as asociados/as.
As cuotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 31º.- A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán
reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atende-las necesidades da asociación.
Artigo 32º.- Anualmente, con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
Artigo 33º.- Para a disposición de fondos da conta que a asociación ten na entidad bancaria será necesaria a sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.
Artigo 34º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación.
Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumplimento destes fíns, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persóas físicas ou xuridicas con interese lucrativo.
CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 35º.- O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 36º.- Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.
Artigo 37º.- A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
Artigo 38º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán para efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 39º.- O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.  |